El limonero
Este post está dedicado, por razones obvias y con todo el cariño del mundo a la mejor de las cuñadas: Dori Hernandez Limón.
En la huerta de la casa del relojero había un limonero siempre cargado de limones, los mejores de la zona, los más jugosos y los más sanos, que despertaban la admiración y envidia de los vecinos. Hoy esa huerta es un patio de manzana y el limonero pasó a mejor vida hace más de setenta años pero su historia sigue viva, a mi me la contó mi tia Carmen mientras rallábamos limones para un bizcocho.
Todo empieza cuando Fernando (casi seguro que se llamaba así) Sanjurjo Pérez que era hijo de Miguel y Manuela y hermano de María y de mi bisabuelo Miguel tenía siete u ocho años. Pasaba una temporada en casa de sus abuelos , en la fundición de A Coruña cuando se cayó de un árbol mientras jugaba. Desgraciadamente, la caída fue fatal y el chaval no sobrevivió. A los abuelos, que estaban desolados, no les quedó otro remedio que mandar a Sada el mensaje más terrible posible para unos padres.
Obviamente, estamos hablando de finales de la década de 1860, la transmisión de noticias en esta época era lenta y los transportes eran de tracción animal (carros, carromatos o coches de caballos) con lo que la distancia entre Sada y A Coruña, que no llega a 20 Km, era muchisimo mas grande de lo que nos parece ahora. La noticia, pues, llegó a Sada dejando a los padres destrozados, conscientes de que ya había pasado bastante tiempo desde la muerte de su hijo, y probablemente deshechos pensando en lo que estaban haciendo en el momento en que se mataba el chaval. Manuela se echó a llorar esperando a que llegase el cortejo fúnebre para enterrarlo en Sada, pero Miguel, deshecho por la rabia, salió a la huerta y la emprendió a patadas con el primer arbol que encontró, el famoso limonero.
La verdad es que no se cuanto tiene de verdad esta historia, pero mucho más tarde de pura casualidad me enteré que a los cítricos, cuando dejan de dar fruto, se les varea fuerte. Es una manera tradicional de coseguir que el arbol reviva y vuelva a producir. De ser cierta la historia, Miguel, en su rabia reactivó algo en el arbol que empezó a producir mucho más que antes hasta conseguir la fama que llegó a tener.

Cuentan que, poco despues, en la pared del desván de su casa, encontraron unas cuentas escritas por el chaval, repasando lo que aprendía en la escuela. Lo que en vida le hubiese traido un castigo, ahora se convirtió en una especie de santuario, la madre, emocionada, no permitió que fueran borradas y subía de vez en cuando a contemplarlas. De estas cuentas escolares y de los relatos de su madre, la fama del niño se fue incrementando, convirtiendose en el más guapo, el más despierto y, por supuesto, el más inteligente y adelantado de todos los hijos.
Esta história debe ser muy frecuente en todas las familias. Cuando leí el cuento "O Retrato" de Castelao me la recordó mucho. Que conste que Castelao la escribió en 1922, casi sesenta años despues de la muerte de Fernandito.
Os dejo el relato de Castelao, vosotros me comentareis si se parece a la historia de mi familia. Voy a respetar el idioma original, el gallego, pero si quereis leerlo en castellano solo teneis que pinchar aquí .
Alfonso Daniel M. RODRÍGUEZ CASTELAO
O RETRATO ( de “Retrincos”)
Por amainala conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as "boas noites" e rompeu a chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme que tiña un fillo a morrer.
O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu era médico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nos meus adentros unha grande ciencia...
Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille que sabía pouco da carreira...
-Repara que hai moitos anos que non visito enfermos.
E entón Melchor, facendo un esforzo, díxome quedamente:
-O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. E váiseme, señor; ¡váiseme e non teño ningún retrato seu!
Ai, eu non fora chamado como médico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentín ganas acedas de botarme a rir.
E por verme ceibe de xeira tan macabra díxenlle que unha fotografía era mellor ca un deseño, asegureille que de noite poden facerse fotografías, e botando man de moitos razonamentos logrei que Melchor largase de min á cata dun fotógrafo.
A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con mil ideas ensarilladas na chola.
Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta. Era Melchor.
-¡Os fotógrafos din que non teñen magnesio!
E díxomo tremendo de anguria. A face albeira, e os ollos coma dous tetos de carne vermella de tanto chorar.
Endexamais fitei a un home tan desfeito pola dor.
Pregaba, pregaba, e collíame as mans, e turraba por min, e o malpocado dicía cousas que me rachaban as entrañas:
-Considérese, señor. Dous riscos de vostede nun papel e xa poderei ollar sempre a cariña do meu neno. ¡Non me deixe na escuridade, señor!
¡Quen teria corazón para negarse! Collín papel e lapis, e alá me fun con Melchor, disposto a facer un retrato do rapaz moribundo.
Todo estaba quedo e todo estaba calado. Unha luz cansa alumeaba, en amarelo, dúas facianas arrepiantes que ventaban a morte. O neno era o centro daquela pobreza da materia.
Sen dicir nada senteime a debuxalo que ollaban os meus ollos de terra, e soamente ó cabo dalgún tempo conseguín afacerme ó drama que fitaba e aínda esquecelo un pouco, para poder traballar afervoado, coma un artista. E cando o deseño estaba xa no seu punto a voz de Melchor, agrandada por tanto silencio, feriume con estas verbas:
-Pola alma dos seus defuntos, non mo retrate así. ¡Non lle poña esa cara tan encoveirada e tan triste!
Confeso que ó volver á realidade non souben que facer, e púxenme a repasalas liñas xa feitas do retrato. O silencio foi esgazado novamente por Melchor:
-Vostede ben sabe como era o meu rapaciño. Faga memoria, señor, e debúxemo rindo.
De súpeto naceume unha grande idea. Rachei o traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco e debuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito: un anxo de retábulo barroco, a sorrir.
Entreguei o debuxo e saín fuxindo, e no intre de poñe-lo pé na rúa sentin que choraban dentro da casa. A morte viñera.
Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa mellor fe do mundo:
-Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato que non minte.
Pontevedra, 1922






homesdepedraenbarcosdepau dijo
Sempre se idealiza ao que esta lonxe no tempo ou na distancia, debe ser unha condición innata no xénero humano.
O navegante que pasa meses fora da súa, casa ten a familia nun alto pedestal imaxinario, aínda que as mais das veces non soe ser de todo certo.
O mesmo pasa cos seres queridos que xa se foron.
Temo-la tendencia de minimizar os defectos os erros e as cousas malas dos finados para solo lembrar as boas e positivas.
No caso dos mortos non pasa nada , de seguro que non han volver para contradicirnos . No caso do navegantes ...algún levou unha boa desilusión o volver.
Gracias polo "Retrato" de Castelao , creo que facía anos que non o lía.
Apertas
16 Marzo 2007 | 08:32 PM